domingo, abril 30, 2006

A MEIGA

Onte estiven a falar cunha meiga. Atopeina agochada nun vello libro de literatura galega. É fermosa e moi vella, tan vella coma a nosa lingua. As meigas non viven agochadas nos montes escuros da nosa xeografía, non, elas viven na nosa lingua e nas nosas lendas, tampouco son bruxas como a xente pensa, son duendes transparentes que cada vez que falamos galego, bailan nas verbas mais antigas do reino de Gallaecia. Elas foron perseguidas nos Séculos Escuros, cando por avatares da historia, a fala galega estivo a piques de desaparecer, pero o pobo galego sempre amou ás súas meigas e a súa lingua, e ese pobo xamais esqueceo falar a lingua herdada dos seus antepasados e as meiguiñas da lingua chegaron ós nosos días agochadas no noso idioma. Se algunha vez vos atopades con unha, deixadevos atrapar pola súa máxia, e sen dúbida viaxaredes por unha das máis fermosas linguas da nosa historia.