domingo, abril 30, 2006

A MEIGA

Onte estiven a falar cunha meiga. Atopeina agochada nun vello libro de literatura galega. É fermosa e moi vella, tan vella coma a nosa lingua. As meigas non viven agochadas nos montes escuros da nosa xeografía, non, elas viven na nosa lingua e nas nosas lendas, tampouco son bruxas como a xente pensa, son duendes transparentes que cada vez que falamos galego, bailan nas verbas mais antigas do reino de Gallaecia. Elas foron perseguidas nos Séculos Escuros, cando por avatares da historia, a fala galega estivo a piques de desaparecer, pero o pobo galego sempre amou ás súas meigas e a súa lingua, e ese pobo xamais esqueceo falar a lingua herdada dos seus antepasados e as meiguiñas da lingua chegaron ós nosos días agochadas no noso idioma. Se algunha vez vos atopades con unha, deixadevos atrapar pola súa máxia, e sen dúbida viaxaredes por unha das máis fermosas linguas da nosa historia.

6 Comments:

Blogger donacoca said...

fermoso, moi fermoso
grazas

9:27 p. m.  
Blogger Suso Roibal said...

agora xa non temos ningunha dúbida de que habelas hailas...
e se foran todas coma a que tí coñeciches serían seres extraordinarios...aínda así, vexo que fan máis ben que mal...
vivan as meigas do noso país galego.
suscribo o comentario de donacoca...
as túas verbas reflexan moita beleza.

12:49 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

tes moita imaxinacion, si señor o que escribiches e moy fermoso.

9:48 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Un conto moi bonito. Grazas polo regalo.

11:21 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

moi lindo e ben agradabel.
gracias por escribires así.
parabéns!

12:06 p. m.  
Blogger DE-PROPOSITO said...

Olá. E aqui estou. Estive lendo a tua postagem e fiquei maravilhado. Apetece-me a ler textos antigos portugueses, do tempo da fundação da nacionalidade que certamente serão muito semelhantes, os textos dessa época, tanto portugueses como galegos. Sim, porque acredito que a Galiza é muito mais antigo do que o condado Portucalense.
Fica bem.
Beijinhos.
Manuel

12:13 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home